Actions

Alborada (Pascual Veiga)

From ChoralWiki

Music files

L E G E N D Disclaimer How to download
ICON SOURCE
Network.png Web Page
File details.gif File details
Question.gif Help
  • (Posted 2021-03-12)  CPDL #63440:  Network.png
Editor: Fernando Gómez Jácome (submitted 2021-03-12).   Score information: A4, 9 pages, 162 kB   Copyright: Personal
Edition notes: Editing from the author's manuscript.

General Information

Title: Alborada
Composer: Pascual Veiga
Lyricist: Francisco de la Iglesiacreate page

Number of voices: 4vv   Voicing: TTBB
Genre: SecularFolksong

Language: Galician-Portuguese
Instruments: A cappella

First published:
Description: 

External websites:

Original text and translations

Galician.png Galician and Portuguese.png Portuguese text

Arriba que a aurora
comeza a pintar
a luz que namora
na terra e no mar.

Deixade os leitiños
meniñas deixar
Que os vosos olliños
dan máis craridá.

Como ese sol que alumea
tan galán e espellador
vinde vos solés da aldea
avivar o noso amor.

Que se con lumes e flores
sabe a aurora rebuldar
vosos cándidos amores
saben mellor feitizar.

Vinde fillas da alborada
vinde a ver nacer o sol
cos beiciños de granada
que dan celos ao arrebol.

E o remanso dos airiños
da fontiña ao gorgullar
bailaremos en remuíños
de dozoso suspirar.

Alá ven xa raparigos
meu amor miña ilusion
cochando entre brancos prigos
seu ferido corazón.

Non hai aurora como ela
nin máis fresco carabel
miña rula miña estrela
morrereiche por serche fiel.

Non ves miña prenda
aquel sol no ourente
ser lume crecente
e neve para min.

Ven ti aos meus brazos
o mundo olvidemos
e amantes seremos
da vida até o fin.